sábado, 23 de enero de 2010

PARA QUE UN ESTATUTO DE AUTONOMIA?

Galicia ten o seu propio estatuto de autonomía.Un logro histórico truncado primeiramente pola guerra civil e recuperado na etapa democrática.Son moitas as razóns para xustificar este feito e tamén penso que os avances dados polo Estado español nestas últimas décadas teñen moito que ver con esta situación que fixo progresar a cada comunidade sen ter o lastre do centralismo. A Galicia do século XXI ten pouco que ver coa do franquismo,na maioría dos ámbetos temos un nivel de desenvolvemento similar e as veces superior á media do estado. Na educación musical por exemplo nos anos setenta calquera que quixera facer estudos profesionais en serio tiña que marchar de Galicia, eu mesmo tiven que irme a Madrid para facer especialidades que aquí aínda non estaban implantadas nos anos oitenta como musicoloxía. As infraestructuras tamén melloraron en xeral-ainda con eivas históricas na actualidade- nunha ocasión, un ilustre coñecido
meu pariente moi cercano do senlleiro Reveriano Soutullo, saudoume moi enfadado porque se perdera ó chegar a Vigo e non paraba de dicir case chiando "este Vigo me lo han cambiado"...Sen dúbida é moito máis enxebre chegar a aldea de toda a vida e atopar o mesmo de sempre, pero cando os pobos poden medrar con certa autonomía poden cabrear ós visitantes que consideran que o único crecemento lexítimo é o da capital...tamén tiven un profesor no Real Conservatorio de música de Madrid que estaba moi cabreado xa nos anos noventa do século pasado porque as indicacións de tráfico estaban én Galicia tamén en galego (a Galicia do presidente Fraga)...en fin que o españolismo reduccionista que non se sinte orgulloso de que o Estado medre con Harmonía nos distintos territorios, é algo que ven de atrás, de moi atrás.As veces penso que moita xente non superou o trinta e seis...Pero se hai un estatuto de autonomía é sobre todo porque hai unha realidade cultural e histórica distintiva, un patrimonio da humanidade que debemos preservar e difundir.O paradoxo é que haxa un goberno autónomo que lonxe de preservar e difundir a súa propia identidade cultural pretenda obviala e reducila como nunha sorte de suicidio irracional.
A lingua é sen dúbida a bandeira desta cultura galega da que podemos gozar e presumir, pero non só os galegos senón o mundo enteiro, por iso é difícil de aceptar como lexítimas as postura dun goberno galego que só pretende non "ferir" os dereitos dos que reclaman menos cultura galega, menos galego EN GALICIA, porque chegado a este punto PARA QUE QUEREMOS UN GOBERNO AUTÓNOMO?...Algúns pretenden ter unha Galicia "a la carta" na que poder elixir gastronomía,paisaxe,clima...pero non parte da súa cultura,historia e a súa propia fala....iso non pode ser posible porque Galicia é unha e o que queira mergullarse nela ten que facelo con todas as consecuencias lóxicas de quen decide vivir a marabillosa experiencia dun povo cunha cultura propia e unha lingua de seu.
Xaime

lunes, 18 de enero de 2010

¿A QUIÉN QUIERES MÁS A PAPÁ O A MAMÁ?A LINGOA GALEGA É UNHA VENTAXA NON UN PROBLEMA

O que máis me gusta de Feijóo e o ben que fai a jaseosa.Tamén gústame a habilidade que ten el e o seu equipo para crear un problema inexistente como é o de o galego en Galicia.Tamén me gusta comprobar como Manuel Fraga era un conservador intelixente como os que hai no país Vasco ou en Cataluña a quen nunca se lle ocorreu darlle para tras á lingua propia.Eu son bilingüe, pero dos de verdade...non dos hípócritas que o que en realidade son é MONOlingües pero usan o disfraz de demócratas e tolerantes có escaparate dun bilingüismo tolerante...para mín os dous idiomas dos que mamei que son o español e o galego son como un pai e unha nai, precisamente por vía paterna teño ascendencia asturiana e catalana e por vía materna galega ata onde podemos recordar.Teño moita sorte por iso, porque sen dúbida manexar bastante ben dous idiomas dame unhas capacidades, unhas posibilidades e ata un sentido do humor moito máis rico que se só dominara ben(no senso de ter mamado ) unha única lingua.Está claro que o Español é poderoso e grande e que o galego e máis cativo, pero o valor intríseco e o amor que lle profeso non é en absoluto menor,todo o contrario,por ser menos poderoso e autosuficiente teño unha inclinación especial para estar con el defendelo e promocionalo sempre que faga falta.Levo moi mal as imposicións en cuestións de lingua e por iso non estou disposto a que me digan en que debo expresarme cando a mín me gusta "comunicarme" manexando os dous idiomas"maternos" que domino e ata o Inglés cando me deixan.Ogallá souberá algún idioma máis,pero tampouco é que me faga demasiado falta,porque ademáis os músicos manexamos un idioma especial e case universal como a música.Así que ninguén me toque na lingua, pero sobre todo que ninguén se meta coa miña nai porque o amor que sinto por ela non ten que ver co seu peso ou estatura,claro que esa clase de sentimentos e conviccións,como diría Castelao, non se sinten no estómago.Nesas estamos...
Xaime

sábado, 9 de enero de 2010

CUANDO AHORRAR ES PECADO/CANDO AFORRAR É PECADO

Agora resulta que un dos elementos que alonga a crise é o aforro familiar, e ata parece que vaise a penalizar na declaración da Renda este feito.Durante décadas pasei pola rúa Urzaiz de Vigo contemplando unha placa colocada na sucursal da Caixa de aforros Municipal de Vigo (agora Caixanova), a placa dicía "familia que ahorra familia feliz"...
As connotacións positivas do aforro familiar estaban moi arraigadas por aquel entón e cando viñeron os pagos aprazados moitos eran reacios a ter algo sen telo pagado totalmente...có tempo a economía quentouse tanto que era unha excepción o que tiña bens materiais sen pagalos a prazos ou dito doutro xeito sen ter que pagar tributo as entidades de crédito que así tiñan sempre unha tallada do nos disfrute material asegurada...cousas da vida as mesmas entidades de crédito que provocaron a maior crise económica das últimas décadas por dar o que non tiñan, por non ter unha bolsas de aforro que garantira un colchón suficiente en caso de tempos peores...o sentido común manda aforrar en previsión de tempos peores, o marketing deste capitalismo dicta o contrario, os empresarios atrévense a esgrimir o aforro das familias como un mal que lles afecta.O mundo ó revés.
As entidades de crédito non prestan os cartos e ademáis pretenden que tampouco as familias teñan remanente algún.Aforrar é pecado.Eu penso que as panaderías,os comercios de abastecemento básico,os electricistas,fontaneiros,mestres,médicos e toda a xente útil desta sociedade van a seguir existindo con ou sen crise, son os negocios instalados no menos necesario ou innecesario os que poden ser máis afectados,incluidos todos os especuladores.Non vexo mal que as empresas innecesarias ou mal xestionadas pechen e se abran,porque se abrirán, novas empresas necesarias para todos.O mellor a crise ten máis de positivo do que algúns nos queren facer crer.

martes, 15 de diciembre de 2009

A MÚSICA TEN FUTURO GRAZAS ÁS TIC

Estou asistindo a un par de cursos sobre novas tecnoloxías aplicadas á educación Web 2.0 e cousas así.Todos os relatores parten da idea de que o ensino tradicional hai que desterralo xa por obsoleto e ineficaz...eu non concordo con este plantexamento de partida, e con ningún que non recoñeza que sempre existe algo aproveitable no que se fixo dende sempre e do cal temos que partir para avanzar.Preocúpanme os excesos na adicación á informática das novas xeracións, o doado que teñen para acceder ás fontes de información que non valoran suficientemente, a pouca elaboración e creatividade cando invitamos ó alumnado a facer un traballo sobre un tema,que aparentemente se desenvolvan tan ben cun rato e un teclado diante e tan mal pola rúa,que se adiquen a coidar unha horta virtual e nin sequera paseen unha vez ó mes pola que ten a súa nai na casa, en fin preocúpame que cada vez sexamos menos persoas no senso tradicional da palabra e necesitemos intermediarios(a tecnoloxía) para relacionarnos.Resulta que a mín sempre me dixeron que tiñamos cinco sentidos a relación pola rede malamente satisface a vista e o ouvido e nada de nada do gusto o olfato e o tacto.Así que podemos ser uns verdadeiros porcos fedorentos e parecer na web delicados membros da alta burguesía...bromas aparte, caín na conta de que a música, a educación física, a dramatización ou a danza son algunhas disciplinas con máis futuro porque se sempre foron relativamente necesarias e tiveron un sitio agora son imprescindibles porque deben de actuar como contrapesos a este desequilibrio irrefrenable e irracional que nos queren someter as novas tecnoloxías da información e a comunicación...seguiremos falando.

jueves, 26 de noviembre de 2009

PIORNEDO

Por un problema na entrada á conta estiven días sen escribir,agora volvemos.Onte no Piornedo gravamos OS Terribles para a gala de Nadal.Todo ben salvo o tempo que non permitiu que disffrutáramos en absoluto dos Ancares.Teremos que volver a visitalo.Gravamos dúas pezas inéditas e compartimos peza cos galos de Antioquía e Os Faiscas de Vilagarcía.A comida do mellor(fabadas e carneiro) que non nos fixeron dano.Pasamos moita calor dentro do Hotel e cando collimos o coche caía xiada.Cinco horiñas de volta ata durmir as dúas da mañán.....Se me deixa Manolo fotos porei algunha...

sábado, 14 de noviembre de 2009

Encetamos

Este espazo pretende ser unha comunicación e punto de referencia para compartir materiais educativos e musicais, así como ideas ou reflexións, espero que os que vos acheguedes podades atopar algo do voso interese.