martes, 15 de diciembre de 2009

A MÚSICA TEN FUTURO GRAZAS ÁS TIC

Estou asistindo a un par de cursos sobre novas tecnoloxías aplicadas á educación Web 2.0 e cousas así.Todos os relatores parten da idea de que o ensino tradicional hai que desterralo xa por obsoleto e ineficaz...eu non concordo con este plantexamento de partida, e con ningún que non recoñeza que sempre existe algo aproveitable no que se fixo dende sempre e do cal temos que partir para avanzar.Preocúpanme os excesos na adicación á informática das novas xeracións, o doado que teñen para acceder ás fontes de información que non valoran suficientemente, a pouca elaboración e creatividade cando invitamos ó alumnado a facer un traballo sobre un tema,que aparentemente se desenvolvan tan ben cun rato e un teclado diante e tan mal pola rúa,que se adiquen a coidar unha horta virtual e nin sequera paseen unha vez ó mes pola que ten a súa nai na casa, en fin preocúpame que cada vez sexamos menos persoas no senso tradicional da palabra e necesitemos intermediarios(a tecnoloxía) para relacionarnos.Resulta que a mín sempre me dixeron que tiñamos cinco sentidos a relación pola rede malamente satisface a vista e o ouvido e nada de nada do gusto o olfato e o tacto.Así que podemos ser uns verdadeiros porcos fedorentos e parecer na web delicados membros da alta burguesía...bromas aparte, caín na conta de que a música, a educación física, a dramatización ou a danza son algunhas disciplinas con máis futuro porque se sempre foron relativamente necesarias e tiveron un sitio agora son imprescindibles porque deben de actuar como contrapesos a este desequilibrio irrefrenable e irracional que nos queren someter as novas tecnoloxías da información e a comunicación...seguiremos falando.

jueves, 26 de noviembre de 2009

PIORNEDO

Por un problema na entrada á conta estiven días sen escribir,agora volvemos.Onte no Piornedo gravamos OS Terribles para a gala de Nadal.Todo ben salvo o tempo que non permitiu que disffrutáramos en absoluto dos Ancares.Teremos que volver a visitalo.Gravamos dúas pezas inéditas e compartimos peza cos galos de Antioquía e Os Faiscas de Vilagarcía.A comida do mellor(fabadas e carneiro) que non nos fixeron dano.Pasamos moita calor dentro do Hotel e cando collimos o coche caía xiada.Cinco horiñas de volta ata durmir as dúas da mañán.....Se me deixa Manolo fotos porei algunha...

sábado, 14 de noviembre de 2009

Encetamos

Este espazo pretende ser unha comunicación e punto de referencia para compartir materiais educativos e musicais, así como ideas ou reflexións, espero que os que vos acheguedes podades atopar algo do voso interese.