martes, 15 de diciembre de 2009

A MÚSICA TEN FUTURO GRAZAS ÁS TIC

Estou asistindo a un par de cursos sobre novas tecnoloxías aplicadas á educación Web 2.0 e cousas así.Todos os relatores parten da idea de que o ensino tradicional hai que desterralo xa por obsoleto e ineficaz...eu non concordo con este plantexamento de partida, e con ningún que non recoñeza que sempre existe algo aproveitable no que se fixo dende sempre e do cal temos que partir para avanzar.Preocúpanme os excesos na adicación á informática das novas xeracións, o doado que teñen para acceder ás fontes de información que non valoran suficientemente, a pouca elaboración e creatividade cando invitamos ó alumnado a facer un traballo sobre un tema,que aparentemente se desenvolvan tan ben cun rato e un teclado diante e tan mal pola rúa,que se adiquen a coidar unha horta virtual e nin sequera paseen unha vez ó mes pola que ten a súa nai na casa, en fin preocúpame que cada vez sexamos menos persoas no senso tradicional da palabra e necesitemos intermediarios(a tecnoloxía) para relacionarnos.Resulta que a mín sempre me dixeron que tiñamos cinco sentidos a relación pola rede malamente satisface a vista e o ouvido e nada de nada do gusto o olfato e o tacto.Así que podemos ser uns verdadeiros porcos fedorentos e parecer na web delicados membros da alta burguesía...bromas aparte, caín na conta de que a música, a educación física, a dramatización ou a danza son algunhas disciplinas con máis futuro porque se sempre foron relativamente necesarias e tiveron un sitio agora son imprescindibles porque deben de actuar como contrapesos a este desequilibrio irrefrenable e irracional que nos queren someter as novas tecnoloxías da información e a comunicación...seguiremos falando.