miércoles, 15 de diciembre de 2010

Outras Xenofobias

Xenofobia, a hostilidade ós estranxeiros "parece" non estar de moda por sorte na meirande parte da poboación, ser xenófobo parece propio doutros estadios de evolución ou dun nivel de intelixencia ou coñecementos baixo.Aínda así nesta sociedade hai "intolerancias" que coido son tan rexeitables como a xenofobia clásica porque constitúen un xeito irracional de excluír a alguén por ser doutra "raza" entendendo por tal non a clásica senón simplemente ser distinto ou ter unha procedencia distinta...imaxino que pode haber unha gran tipoloxía e casuística, eu hoxe só quero comentar unha delas.
Unha compañeira de traballo faloume de que hai uns días un antigo coñecido deles de visita pola cidade abandonou a cafetería onde estaban porque falaban en galego¿?,polo visto as súas últimas palabras foron "me voy porque aquí huele a gallego"... isto podería ser unha anécdota, pero tamén outro coñecido cercano contoume de que en Vigo unha señora abandonou unha ANPA neste curso porque nas reunións usábase "normalmente" o galego.Fai como vintecinco anos nun claustro no que eu estaba unha profesora de fora ergueu a man e dixo que por favor falaran en Español, Bieito Ledo que daquela era concelleiro de cultura e estaba alí díxolle que non ía a cambiar de idioma na súa propia terra , que era un dereito que tiña.Seguramente esta profesora marchou algún tempo despois de Galicia tamén por estas cousas.Todos temos referencias sobre o idioma e situacións nas que uns parecen non aceptar a libertade-lingüística neste caso- dos outros.Serrat fai pouco cando lle preguntaron en que idioma lle gustaba máis expresarse contestou : naquel no que me prohiban facelo...
E difícil ser tolerante con aqueles que precisamente teñen xenofobia idiomática contra os galegos eu non podo comprender ou entender estas posturas dende un pusto de vista racional e só podo atribuírlle unha orixe antropolóxica xenófoba que por suposto habería que erradicar.Penso que os partidos políticos democráticos deberían facer calar ou polo menos illar a aqueles que pretenden que un idioma non poda ser falado e usado prioritaria mente na propia terra que o pariu porque nin dende ningún punto de vista cultural,educativo,social, ou incluso económico pode ser defendible con honestidade. Só cun presuposto de que o galego é inferior ó outro podo entender-que non tolerar- que algúns ergan bandeiras en contra da nosa cultura.Por iso eu tampouco usarei nunca o idioma como arma e aceptarei que me falen do xeito que se sintan mellor sempre que respeten sinceiramente a cultura e o idioma da terra que me veu nacer .

jueves, 9 de diciembre de 2010

INFORME PISA

Imaxino que o informe PISA non sae gratis, non sei se unha empresa ten ese cometido.O que me cabrea profundamente é que todo o que xa sabemos por activa e por pasiva os profesionais da educación veña en titulares de prensa nestes días grazas o "Informe PISA".Deste xeito estamos a contemplar un novo capítulo do I+D+I na educación deste país que consiste en ignorar que dentro do sistema educativo hai xente moi competente para emitir sen cobrar informes baseados nunha experiencia intensa e real con propostas de solucións acordes cos problemas.Parece neste país que se ven de fora ou dun organismo alleo temos que prestarlle atención pero o que dende aquí denunciamos os que temos posto o "mono" de traballo pouco vale.Así o tema de que os "repetidores" son os que baixan a media ou que os directores dos centros deberían poder influir algo no límite á incompetencia dalgúns non precisaban de informe PISA algún pois é de sentido común e de dominio público dende fai tempo. No ecuador da miña vida profesional estou bastante defraudado porque segue primando o amiguismo e a burocracia , mentras non se aproveite o mellor profesional par o mellor posto ó marxe de afinidades doutro tipo este país segue sendo de segunda.É o que hai.