martes, 9 de noviembre de 2010

O Papa por mal camiño

Téñome por moi respectuoso coa igrexa, teño moi bós amigos curas e a miña experiencia como músico cantor de misas, intensa durante moitos anos da miña vida por diversas parroquias de Vigo,Mos,Porriño ou Ponteareas foi gratificante.Teño tamén-creo- unha grande sensibilidade e outra vez respecto pola moita xente que sinte de verdade a fe e ten na igrexa unha fonte de ilusión e alimento espiritual a diario...todo isto non quita para que reciba con moito desacougo as manifestacións do Pontífice na súa visita a Santiago...non podo comprender, ou si, como se pode dicir "gratuitamente" que España é un país prácticamente poseído polo demo no que o laicismo por unha sorte de maxia inexplicable apodérase día a día da xente...comparando ademáis o que pasa agora co que pasou nos anos trinta antes da guerra civil...Eu non daba crédito...por que non hai unha reflexión das causas de ese laicismo en España?, non terán que ver algo os católicos nisto?non podería facer unha chamada ós fieis para que convenzan os seus veciños laicos de que "hai outro camiño"?, onde está esa chamada ó apostolado no que se basea o cristianismo? que fan os cristiáns en España por captar adeptos?que fan ben ou mal os políticos máis achegados o catolicismo neste país?,que fan os curas,bispos e arzobispos españois que non son quen de estabilizar cando menos o número de fieis?que temas afastan á igrexa católica da xente na actualidade?...
O evanxeo ten episodios ben claros que teñen pouco que ver có talante papal nesta viaxe á península ibérica."quen esté libre de pecado que tire a primeira pedra", "a parábola do fillo pródigo","o episodio da muller adúltera" e outros moitos mostran unha filosofía cristián da comprensión e o perdón ainda para aqueles que con máis claridade viven no "pecado",por iso non podo comprender como o representante divino lonxe de perdoar ós pecadores parece que non ten problema en incitar a tirar a primeira pedra, xusto o que Xesucristo evitou sempre....pero é que ademáis en España a igrexa ten unha historia recente moi particular que "quizais" explica en parte o presente, porque noutros lugares a igrexa está situada a carón dos que sofren, na España de Franco, onde estaban?, onde están agora?