sábado, 3 de abril de 2010

HOMENAXE A ENRIQUE OTERO LXXX ANIVERSARIO.19 DE XUÑO CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DE VIGO 18 HORAS







Representa a dignificación popular da gaita galega no mundo da música. Primeiro profesor deste instrumento nun conservatorio, gravou recentemente en solitario. Figura de transición entre o gaiteiro tradicional e o gaiteiro músico actual. Membro da banda municipal de música de Vigo pero gaiteiro vocacional. A súa importancia reside en ser o primeiro profesor de gaita galega nun conservatorio oficial (Vigo 1971) . Do seu maxisterio sairán outros tantos profesores gaiteiros (homes e mulleres) que forman xa unha nova xeración de músicos-gaiteiros cunha preparación técnica e cultural distinta ó anterior. Tamén, e como consecuencia do dito, publica o primeiro método de gaita realizado por un gaiteiro: Leccións de Gaita[1]. Contamos con gravacións importantes: catro sinxelos e un LP co seu grupo “OS CRUCEIROS” do que formaba parte dende 1959 xunto con Xesús Portela (irmán de Ricardo). A súa gran dedicación á composición de música para gaita consegue que o seu catálogo estimado de pezas para este instrumento supere as duascentas polo momento. Recentemente gravou en solitario quince das súas obras mais representativas[2]. Enrique Otero viviu de cheo a dictadura española e nela inserta a súa actividade gaiteira, por iso forma parte indiscutible do grupo de gaiteiros e músicos que mantiveron viva a tradición nunha época tan delicada. A pesar do seu carácter independente sempre mantivo un contacto permanente co mundo tradicional, como exemplo a foto elixida por J.L.Calle na que comparte grupo cos irmáns Portela xa no ano 1961[3].


· TESE DE DOUTORAMENTO DE XAIME ESTÉVEZ 2006
· ESTÉVEZ,X.(2008) AS GRAVACIÓNS DA MÚSICA GALEGA (1975-2000).AGADIC-TRISTRAM
[1] Otero Covelo,E.(1978). Leccións de Gaita. Galaxia. Vigo.
[2] Otero,H. (2001). O gaiteiro do Fragoso.Boa music. Vigo.
[3] Calle,J.L. (1988). op. cit. p. 41.