domingo, 14 de febrero de 2010

Conservatorios de música: revolución pendente

Conservatorios de música : revolución pendente

Coñezo perfectamente o pasado e o presente destas institucións. No pasado como alumno dende 1974 ata 1991, e como profesor e director no ensino público e tamén no privado (1983-1999).No presente como pai de alumnos....Hai que recoñecer que determinadas cuestións melloraron e non teñen nada que ver co de fai vinte ou trinta anos.A calidade no ensino instrumental é hoxe equiparable en moitas especialidades e centros á de calquera outro punto do Estado, os alumnos poden estudiar moitos anos acadando gran nivel en algúns casos porque o profesorado é importado- cubanos,rusos ou lituanos- (tamén doutras zonas do Estado como a comunidade valenciana) cunha categoría profesional altísima en relación coa tradición que aquí había e que pouco a pouco trasladan os nosos fillos e fillas que empezan ademáis a ser profesores da nova xeración.Este incuestionable cambio de panorama na calidade artística da maioría das especialidades instrumentais non foi acompañada ata agora por un cambio nas estructuras educativas dos conservatorios que permanecen en moitas cuestións ancorados nun pasado decimonónico que ninguén parece querer mover a pesares dos cambios lexislativos que representan as boas intencións non cumpridas en demasiados casos.Pero que aspectos son os que me fan reflexionar así?.Agora vamos a eles.

Difícil compatibilidade dos estudios xerais cós musicais.No pasado era posible facer asignaturas soltas, examinarse por libre á vez que por oficial no mesmo curso, en xuño ou en setembro.Este caos sen embargo permitíunos a moitos adaptar os estudos musicais ás posibilidades de tempo en relación cós estudios de primaria e secundaria.Hoxendía isto é máis complicado e o alumnado ten a obriga implacable de facer cursos completos nos que non hai contemplacións nin clemencia para as situacións de compatibilidade có ensino xeral.O alumnado é machacado por partida dobre nos centros de ensino secundario(algúns optan por ocultar que están no conservatorio para evitar ser estigmatizados negativamente) e nos conservatorios onde os obrigan sen contemplación moitas veces fora de horarios habituais a audicións,exames ou “excursións” extra. Esta situación agrávase porque os horarios de un e de outros parecen estar pensados para castigalos ainda máis e provocar ilóxicos desprazamentos para unha hora nas frías e escuras tardes de inverno...O bacharelato musical de recente implantación quere aliviar este desaguisado poñendo “tellas bonitas” a un edificio mal cimentado porque para chegar a ese bacharelato con un nivel musical aceptable o alumnado ten que pasar o calvario anterior de oito anos de estudos mal planificados.

A Pedagoxía nos Conservatorios tamén é un tema pendente.Pensemos que na formación do profesorado destes centros en xeral non se contempla esta formación salvo como unha maquillaxe, resultado: o profesorado pode ter boas ou nulas capacidades pedagóxicas e como nunha tómbola os pais esperaremos ter un boleto premiado...isto provoca que a rendibilidade do ensino nos conservatorios está ó pairo da boa sorte pero non dunha planificación de mínimos no eido pedagóxico. Esta deriva podemos trasladala á formación e apoio da administración á función directiva-unha das eivas compartidas có ensino xeral-pero neste caso cun matiz adicional porque é sabido que os músicos- como artistas que son- non se educaron ou formaron coa idea de burocratizar o seu traballo, o que provoca que só excepcionalmente ou despois de moitos anos de experiencia podamos falar de equipos directivos eficaces, pola irresponsabilidade da administración educativa que parece contentarse con manter unha situación así, impropia xa, o meu xuizo, dun país que quere estar no contexto europeo.

Se eu fora Conselleiro de educación non dubidaría en traballar polas seguintes medidas :

1.- Creación de centros de secundaria con grupos especiais de alumnos de Conservatorio, nos que se artellaran horarios optimizados nos que o alumnado- por dicir algo concreto- as cinco da tarde marcharan á súa casa con todas as clases(ensino xeral e musical) feitas.Isto ademáis propiciaría que poiderán ter clases de música pola mañán aproveitando debidamente ó profesorado e conservatorios.Ademáis acabaría coa discriminación a este tipo de alumnado e sería unha axuda increíble para a loxística familiar.

2.- Plan especial de optimización pedagóxica nos conservatorios.Nomeando especialistas encargados de apoiar nas planificacións pedagóxicas ós distintos departamentos cun seguimento constante e motivante no que o profesorado tivera un apoio para mellorar a súa función docente en canto a pedagoxía sobre todo dos máis cativos.

3.- Plan de apoio ós equipos directivos e xefes de departamento.Onde tamén houbera unha formación especial planificada e un apoio constante a todos aqueles profesores cunha responsabilidade especial, axudándolles a ser máis competentes e eficaces na súa función coa mellora que suporá para o total do centro educativo.

Como se pode observar non se trata de culpabilizar ós traballadores dos centros, sería inxusto.É o sistema o que está carente de resortes que permitan aproveitar ese capital humano o mellor posible.Son os políticos e os responsables da administración educativa os que poden e deben acometer con firmeza estas reformas.O contrario significa seguir estando á cola na planificación educativa e musical do contexto no que pretendemos pertencer.

miércoles, 10 de febrero de 2010

No mes de Xullo de 2008(despois dun ano na xefatura de estudios) redactei este artigo-proposta que agora reproduzo aquí xa que está inédito e como veredes ainda é hoxe de máis actualidade.



MEDIDAS URXENTES POLA CALIDADE NO ENSINO SECUNDARIO

Xaime Estévez Vila
Doutor en Ciencias da Educación


Polo que estamos a comprobar últimamente as medidas que pretenden unha calidade na educación parecen estar tomadas dende as alturas pero non a pé de obra.

Cuestións como as novas materias que se introducen,a reducción ou ampliación horaria nalgunha delas,os cambios no curriculo ou no sistema de avaliación,...non deixan de ser unha maquillaxe inútil se antes non se abordan problemas ou cuestións básicas e candentes no día a día dos centros educativos.Engadido a esta falta de “puntería” dos mandatarios políticos por atinar nos verdadeiros problemas na educación deste país,hai colectivos que invirten os seus esforzos en loitar por exemplo contra os “perigros” que acechan ó idioma de Cervantes ou asociacións de pais e nais que tampouco,o meu parecer, saben contribuir a que os políticos se ocupen do verdadeiramente importante....O certo é que para os que estamos “a pé de obra” e visualizamos día a día as verdadeiras dificultades-algunhas delas estructurais- do sistema educativo, non podemos deixar de acumular certa perplexidade cando comprobamos como os distintos signos políticos,e por ende, a clase política en xeral , permanece autista deles ó tempo que se lles enche a boca con etiquetas de proxectos europeos a gran nivel que denotan-cunha análise como esta- a súa falta de visión real dos problemas ou a incompetencia para resolvelos.Con este panorama a desidia e a falta de ilusión da comunidade educativa non pode ir a menos.

Evidentemente a crise da sociedade actual en canto á atención ós menores está na raíz do problema.A lexislación educativa, o que se pretende transmitir ás novas xeracións como bó está en total contradicción coa dinámica social.O poderoso mundo da imaxe e as telecomunicacións está ó marxe da educación dos noso fillos e como se se tratara dunha “patente de corso” os medios asaltan cotidianamente as mentes dos menores sacándolles da cabeza ideas como a solidariedade, a honestidade, o respecto, o saber estar, a dignidade,...ideas que o sistema educativo pretende paradóxicamente inculcarlles.Este é un tema que en sí mesmo daría para moito, ninguén parece querer abrir esa caixa de Pandora. De tódolos xeitos pódense apuntar aquí algunhas medidas concretas para axudar a que os centros de secundaria avancen e senten as bases para unha mellor calidade na educación, quedando pendente sen embargo a verdadeira revolución que suporía poñer patas arriba a unha sociedade que sistemáticamente maleduca os seus cidadáns fora dos centros educativos.

Alumnado,profesorado e equipos directivos van a ser os eixos das seguintes propostas concretas :
Alumnado : o máis urxente é evitar o alumnado entre 14 e 16 anos que non quere estar nos centros de ensino obrigatorio o que se chama “obxectores da educación”. A medida proposta é que podan orientarse hacia centros de Formación Profesional onde comencen xa unha actividade próxima a unha vida profesional, que é o que queren moitos destes alumnos.Podemos estar a falar de un 5-10% do alumnado (dous por aula) que distorsionan permanentemente a actividade docente sendo ademáis un malísimo exemplo e contribuíndo a que outros alumnos emulen as súas actitudes negativas.Orientando debidamente a este alumnado a calidade educativa subiría automáticamente moitos enteiros porque o clima de aprendizaxe sería óptimo en relación co actual.
Profesorado: a desmotivación do profesorado é máis que evidente,unha razón é o punto anterior.Por outra banda é sabido que o trato da administración a un profesor que o da todo e a outro que regatea a súa dedicación é exactamente o mesmo o que non parece ter lóxica e o que contribue a que co paso dos anos se burocratice a función docente. A medida proposta sería alongar a fase de prácticas do novo profesorado ata tres anos(como noutros países)cun seguimento que garantizara a asunción de hábitos competentes, e a defensa obrigada dunha memoria docente cada certo tempo(cinco anos) para o profesorado veterano cun informe favorable da inspección educativa que lle prorrogase ou non o destino conseguido.Todo esto se traduce nun seguimento e apoio permanente da función docente cun control mínimo que impida a desidia e a lei do todo vale, así como o recoñecemento á boa función docente.

Equipo directivo : Na actualidade os equipos directivos dos centros son os “pringados” de turno, a proba é que ninguén quere asumir ningún cargo.Esta situación é esperpéntica e máis esperpéntico é que se manteña.Imaxinemos unha empresa onde os directivos sexan os peores remunerados en relación co seu traballo,que ademáis non teñan ningún tipo de poder sobre as renovacións da plantilla, plantilla que ademáis lles esixe permanentemente que cumplan coas súas obrigas e non lles fagan traballar máis da conta,imaxinemos que non tiveran poder para obrigar os seus operarios a manexar as máquinas ou material tecnolóxico correctamente,onde ademáis os propios traballadores podan pasar a ser con toda probabilidade xefes dos propios directivos no futuro, imaxinemos que esta dirección non ten ningunha influencia nin opinión no futuro da empresa....é difícil de imaxinar ¿verdade?.Pois así é na actualidade,polo menos nos centros de secundaria que coñezo. A medida proposta sería dotar as direccións dos centros de cuotas de poder para poder obrigar a unha reciclaxe ó profesorado que o precise ou poder solicitar a renovación do bó profesorado ou vetar a renovación nese centro do que non cumpla uns mínimos (no caso de profesorado non fixo),tamén poder facer informes positivos para primar ó profesorado eficiente con puntuación adicional.Pero quizais o verdadeiro debate está na profesionalización da función directiva e por suposto na remuneración e compensacións acordes coa súa responsabilidade. Xullo 2008