miércoles, 15 de diciembre de 2010

Outras Xenofobias

Xenofobia, a hostilidade ós estranxeiros "parece" non estar de moda por sorte na meirande parte da poboación, ser xenófobo parece propio doutros estadios de evolución ou dun nivel de intelixencia ou coñecementos baixo.Aínda así nesta sociedade hai "intolerancias" que coido son tan rexeitables como a xenofobia clásica porque constitúen un xeito irracional de excluír a alguén por ser doutra "raza" entendendo por tal non a clásica senón simplemente ser distinto ou ter unha procedencia distinta...imaxino que pode haber unha gran tipoloxía e casuística, eu hoxe só quero comentar unha delas.
Unha compañeira de traballo faloume de que hai uns días un antigo coñecido deles de visita pola cidade abandonou a cafetería onde estaban porque falaban en galego¿?,polo visto as súas últimas palabras foron "me voy porque aquí huele a gallego"... isto podería ser unha anécdota, pero tamén outro coñecido cercano contoume de que en Vigo unha señora abandonou unha ANPA neste curso porque nas reunións usábase "normalmente" o galego.Fai como vintecinco anos nun claustro no que eu estaba unha profesora de fora ergueu a man e dixo que por favor falaran en Español, Bieito Ledo que daquela era concelleiro de cultura e estaba alí díxolle que non ía a cambiar de idioma na súa propia terra , que era un dereito que tiña.Seguramente esta profesora marchou algún tempo despois de Galicia tamén por estas cousas.Todos temos referencias sobre o idioma e situacións nas que uns parecen non aceptar a libertade-lingüística neste caso- dos outros.Serrat fai pouco cando lle preguntaron en que idioma lle gustaba máis expresarse contestou : naquel no que me prohiban facelo...
E difícil ser tolerante con aqueles que precisamente teñen xenofobia idiomática contra os galegos eu non podo comprender ou entender estas posturas dende un pusto de vista racional e só podo atribuírlle unha orixe antropolóxica xenófoba que por suposto habería que erradicar.Penso que os partidos políticos democráticos deberían facer calar ou polo menos illar a aqueles que pretenden que un idioma non poda ser falado e usado prioritaria mente na propia terra que o pariu porque nin dende ningún punto de vista cultural,educativo,social, ou incluso económico pode ser defendible con honestidade. Só cun presuposto de que o galego é inferior ó outro podo entender-que non tolerar- que algúns ergan bandeiras en contra da nosa cultura.Por iso eu tampouco usarei nunca o idioma como arma e aceptarei que me falen do xeito que se sintan mellor sempre que respeten sinceiramente a cultura e o idioma da terra que me veu nacer .

No hay comentarios:

Publicar un comentario