sábado, 23 de enero de 2010

PARA QUE UN ESTATUTO DE AUTONOMIA?

Galicia ten o seu propio estatuto de autonomía.Un logro histórico truncado primeiramente pola guerra civil e recuperado na etapa democrática.Son moitas as razóns para xustificar este feito e tamén penso que os avances dados polo Estado español nestas últimas décadas teñen moito que ver con esta situación que fixo progresar a cada comunidade sen ter o lastre do centralismo. A Galicia do século XXI ten pouco que ver coa do franquismo,na maioría dos ámbetos temos un nivel de desenvolvemento similar e as veces superior á media do estado. Na educación musical por exemplo nos anos setenta calquera que quixera facer estudos profesionais en serio tiña que marchar de Galicia, eu mesmo tiven que irme a Madrid para facer especialidades que aquí aínda non estaban implantadas nos anos oitenta como musicoloxía. As infraestructuras tamén melloraron en xeral-ainda con eivas históricas na actualidade- nunha ocasión, un ilustre coñecido
meu pariente moi cercano do senlleiro Reveriano Soutullo, saudoume moi enfadado porque se perdera ó chegar a Vigo e non paraba de dicir case chiando "este Vigo me lo han cambiado"...Sen dúbida é moito máis enxebre chegar a aldea de toda a vida e atopar o mesmo de sempre, pero cando os pobos poden medrar con certa autonomía poden cabrear ós visitantes que consideran que o único crecemento lexítimo é o da capital...tamén tiven un profesor no Real Conservatorio de música de Madrid que estaba moi cabreado xa nos anos noventa do século pasado porque as indicacións de tráfico estaban én Galicia tamén en galego (a Galicia do presidente Fraga)...en fin que o españolismo reduccionista que non se sinte orgulloso de que o Estado medre con Harmonía nos distintos territorios, é algo que ven de atrás, de moi atrás.As veces penso que moita xente non superou o trinta e seis...Pero se hai un estatuto de autonomía é sobre todo porque hai unha realidade cultural e histórica distintiva, un patrimonio da humanidade que debemos preservar e difundir.O paradoxo é que haxa un goberno autónomo que lonxe de preservar e difundir a súa propia identidade cultural pretenda obviala e reducila como nunha sorte de suicidio irracional.
A lingua é sen dúbida a bandeira desta cultura galega da que podemos gozar e presumir, pero non só os galegos senón o mundo enteiro, por iso é difícil de aceptar como lexítimas as postura dun goberno galego que só pretende non "ferir" os dereitos dos que reclaman menos cultura galega, menos galego EN GALICIA, porque chegado a este punto PARA QUE QUEREMOS UN GOBERNO AUTÓNOMO?...Algúns pretenden ter unha Galicia "a la carta" na que poder elixir gastronomía,paisaxe,clima...pero non parte da súa cultura,historia e a súa propia fala....iso non pode ser posible porque Galicia é unha e o que queira mergullarse nela ten que facelo con todas as consecuencias lóxicas de quen decide vivir a marabillosa experiencia dun povo cunha cultura propia e unha lingua de seu.
Xaime

No hay comentarios:

Publicar un comentario