martes, 10 de mayo de 2011

GEOLODIA

O pasado domingo 8 de Maio tivemos ocasión de celebrar "Geolodía" un evento anual que dende o ano 2005 se ven facendo para reivindicar a importancia da Xeoloxía nas nosa vidas. Polo esteiro do Val Miñor na Ramallosa, ata a praia de Ladeira, Raquel unha xeóloga que está a facer o doutorado foinos explicando as razóns dunha paisaxe tan especial, o tempo que a absoluta falta de respecto polo medio natural que a política que todos patrocinamos nas urnas demostra ano a ano : construccións pegadas ós leitos naturais dos ríos (En Sabarís hai moitos exemplos), espigón construído no porto de Baiona que altera a oleaxe e a evolución natural da propia praia de Ladeira, o camping que tampouco favoreceu ó medio natural...unha desfeita que repítese por todo este país comarca a comarca, un legado vergonzante que deixamos os nosos fillos...e digo eu para que entón está a universidade e os especialistas nisto e no outro se despois os políticos fan o que queren os seus amigos empresarios ou banqueiros?. Vai sendo hora de que reclamemos dignidade na política a mesma polo menos que se nos reclama ós demáis traballadores honrados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario