sábado, 25 de septiembre de 2010

ANA KIRO : A ESTRELA DO POP GALEGO



Non tiven a oportunidade de coñecer persoalmente a Mª Dolores Casanova (Ana Kiro), pero dende que decidín investigar a fondo as gravacións da música galega a miña percepción desta muller mudou totalmente...No ambiente quizais "purista" ou máis achegado á música tradicional ou folk, a música lixeira galega encarnada perfectamente na súa vertente feminina en Ana Kiro, non tiña demasiados entusiastas. É certo que nos finais da época franquista o pop galego podía actuar de contrapeso a esa canción galega de protesta visible no colectivo de "Voces Ceibes", pero tamén é certo que os artistas galegos que libremente elixiron a vía Pop para manifestar a súa galeguidade non eran en absoluto colaboradores políticos da ditadura ainda que esta poidera usalos nalgún momento, Bernardo Xosé (agora membro do grupo "A Roda") pode ser outro exemplo deste comentario, el mesmo confesoume como ser "popeiro galego" naqueles tempos significaba certo ninguneo cara a eles por parte dos que crían naquel contexto que había que ser belixerante cantando en galego...Sexa así ou non eu fun coñecendo pouco a pouco a realidade sonora, musical e artística desta muller grazas as moitísimas gravacións que dela se teñen editado, primeiro con Belter, logo con Olympo e despois con outras e por ela mesma.No meu arquivo é a que ten o primeiro posto de edicións discográficas na música galega xa que a día de hoxe contabilizo 41 edicións discográficas distintas, prácticamente o dobre que outro exemplo da música galega senlleiro: Milladoiro.Así as cousas non queda máis remedio que recoñecer obxectivamente a Ana Kiro o seu gran peso específico no apartado Pop feminino no que ela é a estrela sin paliativos na historia da música galega.O marxe de gustos ou afinidades a súa aportación á música e a cultura galegas ten unha trascendencia indiscutible e será sempre unha referencia inexcusable.Grazas Ana Kiro.Seguirás con nós para sempre.
Xaime Estévez
















No hay comentarios:

Publicar un comentario