lunes, 27 de septiembre de 2010

Quen canta no teu fogar?

A pregunta que serve de título as seguintes reflexións pode ter, e ten, múltiples intencións, porque un fogar no que se canta habitualmente é un fogar sen dúbida no que a música ocupa un lugar porque se da o clima axeitado.

Fai agora dez anos fixen unha enquisa ó meu alumnado de secundaria sobre este particular.O achádego foi comprobar como en dous de cada dez fogares( no 20% do total) ningúen cantaba, o que xa me preocupou daquela e provocou que escribira e publicara un artigo.Acabo de facer outra enquisa o meu alumnado nun centro de secundaria que dista tres mil metros do outro.O resultado é francamente abraiante por negativo xa que os alumnos declaran que ninguén canta no seu fogar na metade dos casos...Que está pasando?...Podemos aquí dar varias e razoables explicacións pero o pior é que o resultado é o que é: a paulatina desaparición do hábito de cantar nas familias do noso país.Esta sociedade do benestar para algúns máis que para outros, provoca en tódolos ámbetos, o musical incluido, o consumo pasivo e menos dende logo a creatividade, o arte, a música, a canción.Hai que estar todo o día cos auriculares nas ourellas intentando escoitar os centos de melodías que un pode baixar pola rede, pero cantar é algo que só poden facer profesionais...A desaparición do hábito de cantar é un síntoma máis da enfermidade desta sociedade, os profesores de música temos agora máis razón de ser que nunca porque quizais podemos ser os únicos que provoquen esa actividade nas vidas dos nenos e nenas- homes e mulleres do futuro-a mín non me gustaría que os meus netos viviran nun fogar onde ninguén cantara nunca.E a vós?

No hay comentarios:

Publicar un comentario