martes, 14 de septiembre de 2010

A Gaita no Eido da Música 23 aniversario



Vai unha referencia do meu primer libro publicado xa que me pediron esta información.O libro que xa cumpre os 23 aniños é un referente ineludible na bibliografía para gaita galega existente e un material pedagóxico plenamente vixente na actualidade.Espero que siga sendo útil moito máis tempo.

A gaita no eido da música
Xaime Estévez Vila
Editorial
Vigo. Auto-edición, 1987
Descripción
Rústica; 180 páxs.; 21 x 30
ISBN / ref
84-404-0315-1
Sinopse
Este libro xorde da experiencia docente no Conservatorio Superior de Música de Vigo onde Xaime Estévez exerceu a docencia deste instrumento entre 1983 e 1988, substituíndo o que foi primeiro mestre de gaita galega dun Conservatorio Henrique Otero. Historicamente é o primeiro método para o ensino da gaita que trata sistematicamente aspectos didácticos e musicais específicos como por exemplo o manexo de fol ou a escritura correcta para gaita. Todas as pezas propostas en catro niveis de dificultade foron testadas pedagoxicamente nas súas propias clases polo que a súa pertinencia como repertorio pedagóxico é clara, sendo bibliografía xa clásica e imprescindible para calquera interesado na aprendizaxe da gaita con total vixencia e uso actual pese a terse editado por primeira vez no ano 1987 cando o profesor Estévez contaba só con vintetrés anos de idade.
Rubrican a importancia cultural e pedagóxica deste traballo a portada principal elaborada polo artista Francisco Mantecón, os gravados interiores polo pintor Miguel Fernández, a presentación feita no seu día deste libro polo insigne Xosé Filgueira Valverde, e o feito de estar prologado polo musicólogo José López Calo quen di literalmente:
“Este libro nació de las clases del autor en el Conservatorio de Vigo. Y este hecho explica la característica general del mismo : La claridad pedagógica que, justo es confesarlo, sobresale ampliamente respecto de otros métodos similares”.
(actualmente pola rede creo que podedes conseguilo en Arco Iris, Andel ou Limiar)

1 comentario:

  1. Pois cando cheguei a Galicia no 2.000 e quixen aprender gaita, o primeiro libro que chegou a miñas máns foi este. Enhoraboa polo traballo Xaime a moita xente nos sirveu este libro, graciñas por escribilo. Saúdos
    Eliana

    ResponderEliminar